A Consellería de Economía, Emprego e Industria organiza xunto coa Agrupación Empresarial de Sociedades Laborais de Galicia (Aesgal) a partir do 30 de maio xornadas informativas nas catro provincias galegas para dar a coñecer aos emprendedores as vantaxes da nova Lei 44/2015, do 14 de outubro, de Sociedades Laborais e Participadas.
A Secretaría Xeral de Emprego organiza estas charlas coas que se pretenden difundir os obxectivos principais desta normativa que fomenta a participación dos traballadores e traballadoras nas empresas facilitando o seu acceso á condición de socio e incorpora novas medidas para asegurar o control da sociedade por parte dos traballadores, entre outras novidades.
A xornada informativa de Lugo terá lugar o 6 de xuño, na Fundación CEL e o fin último destas charlas é dar a coñecer, principalmente ás persoas interesadas en emprender e ao persoal técnico de asesoramento a emprendedores, o coñecemento desta forma xurídica. As xornadas tamén están dirixidas a traballadores e traballadoras, empresarios e estudantes. Os interesados en participar poden inscribirse e recibir máis información a través da páxina web http://www.aesgal.org ou a través da dirección de correo electrónico aesgal@aesgal.org.