A Xunta de Galicia organiza senllas xornadas informativas sobre as distintas liñas de axuda que a administración autonómica ten en marcha dirixidas a empresas, comerciantes e emprendedores.
A primeira das citas terá lugar en Monforte, este martes 13 de marzo, a partir das 19 horas no Centro do Viño da Ribeira Sacra. A segunda xornada celebrarase un día despois, o mércores 14 de marzo, ás 20 horas, no Hotel Alfonso IX de Sarria. En ambos casos as charlas desenvolveranse con aforo libre e gratuíto.
O delgado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, presidirá estes encontros que correrán a cargo de especialistas da Consellería de Economía, Emprego e Industria e do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).
A cita, que terá continuidade noutras localidades da provincia en datas aínda por determinar, desenvólvese en colaboración coa Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e ten por obxectivo seguir afondando na estratexia de achegamento da administracións aos potencias beneficiarios das axudas que a Xunta promove. A Xunta xa organizou xornadas similares dirixidas a empresas do sector turístico, restauración e hostalería e sobre axudas e materia de rehabilitación de vivenda.