A Xunta pula pola formación para o emprego cunha vintena de cursos na provincia

A Xunta de Galicia fomenta a cualificación de traballadores desempregados a través dunha vintena de actividades formativas que desenvolverá nos centros que xestiona a Consellería de Economía, Emprego e Industria en Lugo, Monforte de Lemos e Viveiro. Así o anunciou o delegado territorial do ente autonómico en Lugo, José Manuel Balseiro, quen explicou que os participantes que superen estes cursos accederán a un certificado de profesionalidade, que os habilitará para exercer o oficio aprendido en todo o Estado.

En conxunto, ofértanse máis de 300 prazas. Os alumnos son seleccionados a través das oficinas de emprego, se ben os traballadores ocupados que estean interesados na materia poden optar ata a un 25% das prazas no caso de que non se cubriran en primeira instancia.

Balseiro informou de que, de cara ao último trimestre do ano, están en marcha dez cursos e outros tres comezarán próximamente. O delegado territorial destacou que a programación dos cursos “responde a especialidades nas que se aprecia demanda do mercado laboral ou posibilidades de autoemprego”. Neste senso, engadiu que os centros de formación ocupacional son “un puntal dentro da formación para o emprego que desenvolve a consellería, que financia ademais os obradoiros de emprego e os 131 cursos AFD, dirixidos prioritariamente a traballadores desempregados”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com