A Xunta reabre ao público o monumento de Santa Eulalia de Bóveda

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria reabre hoxe ao público en xeral o monumento de Santa Eulalia de Bóveda, despois de realizar diversos traballos de mellora na oficina do garda. As visitas de grupo atendéronse con normalidade e seguirán acordándose fóra de horario cando así se soliciten en función da dispoñibilidade.

No monumento, realizáronse traballos de limpeza e conservación, e continúan aínda os labores de control das condicións medioambientais para estudar variables como a temperatura e a humidade e a súa posible incidencia sobre as pinturas.

A oficina reabre cun novo garda -por xubilación do anterior- e mellores dotacións. Acometéronse arranxos nas portas e o chan, substitución da iluminación, e instalación de novo equipamento informático e teléfonos.

O monumento estará aberto para o público en xeral de martes a sábado en horario de 10.00 a 15.00 horas. Pódense concertar visitas fóra deste horario para grupos, cun mínimo de sete persoas.

Póñense a disposición das persoas interesadas os seguintes teléfonos de contacto: 982 160 124 ou ben 672 676 488. Igualmente, poden contactar a través do enderezo electrónico: monumentosantaeulalia.patrimonio@xunta.gal.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com