A Xunta rematará, a partir do luns, as beirarrúas da estrada lu-162, en Cangas de Foz

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, iniciará o vindeiro luns a execución da última fase de beirarrúas na estrada LU-162, en Cangas de Foz.

Estas actuacións na terceira fase do proxecto de beirarrúas foron adxudicadas, segundo declarou a Xunta, a Construcións  Isidro Otero S.L por un importe de máis de 57.000 euros.

As obras que comezaran o luns centrarase na construción de beirarrúas na estrada entre Ferreira de Valadouro e Cangas de Foz (LU-162). Deste xeito dáse continuidade ás beirarrúas executadas entre os anos 2013 e 2015 na citada estrada, entre os puntos quilométricos 11´370 e 12´460, na intersección coa N-642. Nesta última fase executaranse 160 metros de beirarrúa por cada marxe da estrada e colocarase unha rede de recollida de pluviais.

Nunha primeira fase, a Consellería de Infraestruturas dotou de beirarrúas o treito da estrada LU-162 que vai dende o punto quilométrico 11´945 ao 12´460, rematándose os traballos en setembro de 2013.

Na segunda fase, mellorouse a seguridade viaria da estrada Ferreira de Valadouro – Cangas de Foz (LU-162), nunha lonxitude de 475 metros, entre os puntos quilométricos 11´370 e 11´945, conectando coas executadas no primeiro tramo.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com