A Xunta subvenciona con 54.000 euros as festas de interese turístico de 18 concellos lucenses

A Xunta de Galicia concedeu subvencións por importe global de 54.000 euros a 18 concellos da provincia de Lugo que celebran festas declaradas de interese turístico galego.

Así o explicou o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, quen destacou que o obxectivo do Goberno galego é seguir a apostar e promover este tipo de eventos que incentivan as economías locais e supoñen un notable reclamo.

A Xunta dará 3.000 euros a cada concello solicitante, para colaborar nos gastos relativos á promoción e difusión turística da festa, como publicidade, carteleira, anuncios nos medios de comunicación ou actuacións artísticas. No caso de celebración de festas gastronómicas son subvencionables tamén os gastos de adquisición do produto obxecto da festa.

As citas de interese turístico galego acadaron no seu día o recoñecemento da Xunta en función da valoración de moi diversos factores, entre outros, da antigüidade, da singularidade e do arraigamento, así como pola importancia das actividades de promoción que desenvolven.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com