Representantes da Federación Veciñal da Provincia de Lugo, entrevistáronse onte co Conselleiro de Sanidade Jesus Vázquez Almuiña, tamén estiveron presentes na reunión, entre outros, Mª Jesús Piñeiro Belo directora Xeral de Recursos Económicos do Sergas; D. Ramón Ares Rico, Director-Xerente das Áreas sani tarias de Lugo; Elena Cándia Presidenta do PP en Lugo, Encarna Amigo Parlamentaria e Antonio Ameijide Portavoz Municipal do PP no Concello de Lugo; segundo informou un voceiro da Federación de Asociacións de Veciños, “a entrevista transcorreu nun ton cordial onde o Conselleiro mostrou a súa capacidade de dialogo durante máis de 3 horas”.
Inicialmente Jesús Vázquez Presidente da Federación, expuxo ao Conselleiro os distintos puntos nos que estaban interesados, nomeadamente a implantación de Hemodinámica 24 horas, ao que o Conselleiro, chegado o momento respondeu que,” para Hemodinámica 24 horas tiña dúas repostas, nin Si nin NON. Para dicir Si, baseábase en dicir que cando os técnicos ou profesionais dixesen que era necesario e NON porque en Lugo cuns informes que consideramos ficticios (xustificarían o incumprimento) e non sería necesario”.
Segundo a Federación “a realidade é que utilizan todos os medios para obviar o que está sumamente claro, xa que no Foro Galaico-Asturiano de Cardioloxía celebrado en Lugo o pasado mes de xuño, onde puxeron de manifesto este conxunto de profesionais temas como os que seguen: xustificarían que a sala de Hemodinámica de Lugo, funcionase as 24 horas do día.Que nas áreas de Ourense e Lugo de dimensións e características similares, Lugo destaca con arredor do 4% maís incidencias que a área de Ourense. Que na provincia de Lugo, os tempos transcorridos entre a detección do Infarto e a intervención, adoita superar os 155 minutos, cando o tempo recomendable debe de ser inferior aos 120 minutos, tempos que adoitan cumprirse no resto das áreas sanitarias”.
O Voceiro declarou que na “Federación de Asociacións de veciños, estamos convencidos de que á vista dos informes dos que dispoñemos, Lugo debe de dispoñer de Hemodinámica 24 horas xa”.
Ante a resposta do Conselleiro de sanidade, o Presidente da Federación, invitou a realizar unha nova xuntanza, e así se acordou, en outubro, cos datos do Rexistro de Infartados e e tomar unha solución definitiva. Porque se non “volverán as mobilizacións; xa que non daremos un paso atrás, subliñaron os representantes veciñais”.
Falouse tamén dos proxectos para a vella Residencia, onde os veciños esixiron “disposición de servizo e cumprimento de investimentos e prazos, onde volveu darnos unha explicación pormenorizada do previsto e a reparación e inmediata rehabilitación do desdobrado Centro de Saúde da Milagrosa.
A colación saíron tamén na reunión, as carencias en pediatría en: Baralla, O Vicedo, Viveiro, Ourol e Chantada a cobertura dos servizos cando se produzan baixas ou vacacións; listas de agarda, servizos de emerxencia e helicópteros problemas relacionados co Hospital de Burela, o Centro de Saúde de Foz e ou PAC de Burela, entre outros.