Xuntanza da candidata de PODEMOS por Lugo, Ximena cheda, con CC.OO de Lugo

Desde o sindicato trasladáronlles  a súa preocupación pola situación das infraestruturas, cun evidente déficit das mesmas na nosa provincia que dificultan a vertebración e o desenrolo económico e industrial no territorio. Asemade, é preocupante segundo sinala Manuel Quiñoá “a situación da educación en xeral na provincia, no relativo aos recortes e a precariedade do persoal”.

Situación similar é a de a atención no fogar, con servizos externalizados que fomentan a precariedade laboral e un servizo insuficiente. No relativo ás residencias de maiores, desde o sindicato reclaman maiores recursos por parte da Xunta de Galicia, no relativo á dotación de novos centros públicos por comarcas, que dean resposta á alta demanda polo envellecemento da poboación da provincia.

Desde PODEMOS GALICIA, a candidata por Lugo, Ximena Cheda, sinalou “a sintonía coas demandas e as problemáticas recibidas desde CCOO, e destacou que PODEMOS GALICIA non dará nin un paso atrás na defensa dos servizos públicos, como a educación, a dependencia, a sanidade ou a dotación de infraestruturas”. Para PODEMOS GALICIA, “é urxente reverter os recortes do PP na nosa provincia, que supoñen un deterioro xeral nos servizos públicos e que impiden o avance e económico e social que faga que a provincia non perda poboación por falta de oportunidades”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com