Xuntanza de Besteiro coa militancia da Terra Chá

O candidato socialista á Presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, xunto con outros dirixentes e candidatas do PSdG pola provincia de Lugo, participaron onte venres no restaurante Terra Chá de Vilalba nun encontro coa militancia socialista da comarca que reuniu a máis dun cento de persoas. Á cita asistiron tamén persoeiros de fora da provincia como: Javier Izquierdo Roncero, da Executivas Federal do PSOE ou Secretario Xeral dos socialistas en Galicia, Valentín González Formoso

Na xuntanza estiveron a alcaldesa de Vilalba así como concelleiros e concelleiras da Corporación vilalbesa, ademais de militantes socialistas deste concello e de Xermade, Castro de Rei, Pol, Abadín, Cospeito, Guitiriz ou Begonte.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com