Edís do Concello de Lugo mantiveron unha xuntanza coa veciñanza do barrio de Albeiros, no transcurso de dita xuntanza, a edil de Cohesión Territorial, Ana Abelleira, quen tomou a palabra, demandou dos presentes as principais necesidades da zona para podelas estudar. Durante o mesmo, os membros do Executivo municipal escoitaron as demandas dos veciños e veciñas, co fin de valorar e atender as súas peticións, dentro da política de participación cidadá do Goberno municipal.
Asemade, informaron da actuación que o Concello levará a cabo este mes de setembro, no marco do Plan Único de Cooperación da Deputación de mellora do firme na vía que comunica Camiño do Souto coa Garaballa de Abaixo. A intervención, “en proceso de licitación e orzamentada en máis de 22.800 euros, permitirá mellorar a seguridade e a accesibilidade dunha das principais vías de comunicación desta zona periurbana”, destacou a Abelleira.
Esta actuación forma parte dun plan integral que o Goberno local impulsa para “mellorar o estado das estradas e camiños dos núcleos de poboación, coa finalidade de garantir unha conectividade axeitada e responder ás demandas da veciñanza”. Rematou.