Xuntanza de Raquel Arias con representantes do Clúster de Alimentación Ecolóxica de Galicia

A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, reuniuse hoxe con representantes do Clúster de Alimentación Ecolóxica de Galicia, na que os seus socios aglutinan aproximadamente o 80 por cento da facturación da agricultura ecolóxica que se realiza na nosa Comunidade Autónoma.

No encontro coa delegada participaron Rafael Rivadulla e Javier Villanueva, integrantes da dirección técnica do Clúster, que lle explicaron polo miúdo as actividades de promoción que realizaron, entre as que destaca a súa participación en feiras de relevancia internacional como o SIAL en París, a BIOFACH en Nuremberg ou a NOPE en Londres, así como as novas iniciativas nas que están a traballar, entre as que cabe salientar un encontro entre as empresas do sector que están a traballar en Galicia, no que sería unha posta en común da súa experiencia, con profesionais do resto do mundo, para ter unha visión global do que se está a facer noutros países no eido da agricultura ecolóxica.

Craega, que aglutina a máis de 700 elaboradores, dos que 149 son industrias e o resto produtores, factura máis de 30 millóns de euros ao ano, cun incremento medio anual do 20 por cento. O 25 por cento desta facturación corresponde á exportación. Os produtos lácteos, por volume de negocio, son os que concentran neste intre a maior produción.

A provincia de Lugo lidera este sector na Comunidade Autónoma a cal figura como a cuarta de todo o estado, despois de Cataluña, Madrid e Andalucía, por volume de facturación.

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com