As demandas de Galicia Baleira ecoitaronas hoxe os representantes socialistas no transcurso dunha xuntanza entre a plataforma veciñal e os candidatos e candidatas do PSdG-PSOE ao Congreso e Senado pola provincia de Lugo.
Neste encontro coa xunta directiva de Galicia Baleira, José Ramón Gómez Besteiro o cabeza de lista ao Congreso declarou “O problema da Galicia Baleirada está aí, somos conscientes e o Goberno de Pedro Sánchez xa está a traballar en aspectos concretos que responden a moitas das demandas desta plataforma veciñal: Banda ancha no 100% da provincia en 2024, un modelo de residencias para maiores sen listas de espera de 2 anos como as da Xunta, unhas pensións dignas e melloras nas conexións que permitan aos máis novos elixir onde vivir”. O número un ao Congreso polo PSdeG-PSOE por Lugo, realizou esta reflexión na reunión que mantivo esta mañá na Carballeira de Pol con preto dun centenar de membros desta asociación, chegados desde toda a provincia, fronte aos que defendeu un modelo de sociedade “que non deixa a ninguén atrás”.
Besteiro, acompañado por outros membros da candidatura socialista ao Congreso e ao Senado como César Mogo, Patricia Otero ou Marina Ramudo recibiu o aplauso de Galicia Baleira cuxos representantes destacaron a súa “capacidade de escoita e as súas achegas” fronte ao silencio doutros como Rueda ou Ana Pontón, dos que non sabemos nada a pesar das nosas reiteradas peticións de reunión”.
Asimismo, Besteiro lembrou o apoio de Sánchez a descentralización das administracións e as institucións “porque, pese a o que queren a dereita e a ulttradereita, non todo ten que pasar por Madrid”.
O candidato rematou a súa intervención pedindo o voto para os socialistas no 23X “porque só nós defendemos un rural no que se poda traballar e vivir”.