Xurxo Souto presenta o libro “Pangalaica” nas redes sociais do Museo do Mar de San Cibrao este sábado

Xurxo Souto presenta este sábado o seu libro Pangalaica, recortes poderosos, nunha sesión virtual que se poderá seguir a través das redes sociais do Museo do Mar de San Cibrao a partir das 12.00 horas.

O libro, publicado por Galaxia, recolle oitenta relatos ilustrados, inspirados en historias e persoas que o autor coñeceu nas súas xiras por Galiza á fronte dos Diplomáticos de Monte Alto.  En palabras do músico e escritor coruñés, trátase de “petiscos cheos de humor que acaban conformando unha cosmovisión alternativa do país: É mentira a fronteira entre o rural e o urbano. Todas somos da aldea”, reivindica.

Á presentación, seguirá un concerto da artista mariñá Ugía Pedreira, que está a abrir unha nova etapa artística na súa traxectoria, presentándose como A Pedreira, cun repertorio de  cancións propias, poemas e aparellos sonoros.

A presentación inclúese entre as actividades organizadas arredor do proxecto Amar a mar, que a Rede Museística está a desenvolver desde o pasado mes de novembro para poñer en valor o patrimonio do Museo do Mar de San Cibrao e a pegada da súa actividade cultural e divulgativa na comarca da Mariña.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com