Xustiza e Violencia Machista o BNG continua o ciclo de Charlas Feministas

O BNG vén de celebrar unha nova edición do ciclo de Charlas Feministas que o partido ven programando dende principios do pasado ano en Lugo, neste caso a Xustiza e a Violencia Machista centraron o encontro.

Sobre Xustiza e Violencia Machista. falaron a Maxistrada do social nº 3, Dalila Dopazo, a Fiscal de Violencia Machista, Pilar Fernández, e a edil do BNG en Lugo, Maite Ferreiro. Maite Ferreiro salientou o grande éxito de convocatoria que están a ter estas xornadas por que “queremos que Lugo funcione e para iso temos que construir unha sociedade máis igualitaria na que as mulleres sexan protagonistas das súas propias vidas e da vida da cidade na que viven”.

Ademais, a edil do BNG, confirmou que “Imos continuar programando encontros feministas por que a sociedade demanda información e mobilización neste eido”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com