O Concello de Lugo, a través do Servizo de Prevención de Drododependencias e outras adiccións, adscrito á concellería de Xuventude, abre o prazo de inscrición para que a mocidade lucense, entre 18 e 35 anos, se inscriba no curso de manexo de carretillas elevadoras.
A duración da formación, de carácter gratuíto, será de 8 horas (3 horas teóricas e 5 prácticas), e desenvolverase do 23 ao 28 de abril. Impartirase de xeito presencial no Polígono do Ceao.
O programa abre a posibilidade de formación para medio centenar de mozos e mozas da cidade. “É unha acción cun enfoque formativo que se adecúa ás necesidades reais nalgúns sectores, como o agroalimentario e de servizos, onde detectamos unha forte demanda de profesionais”, segundo o edil Mauricio Repetto.
A actividade enmárcase no programa ‘+Xti’, subvencionado nun 70% polo Plan de Prevención de Drogas e outras adiccións. A inscrición debe realizarse do 4 ao 8 de abril, a través da web lugomasxti.org. Os interesados deberán indicar en dita web a súa prioridade por asistir ao grupo A ou B.