Xuventude inicia hoxe o entroido virtual nas súas redes sociais oficiais, cun obradoiro de maquillaxe e masterclass de rap

Hoxe venres, a área de Xuventude, que dirixe Ana González Abelleira, inicia, a través das súas redes sociais, o Entroido virtual. Unha cita coa que se pretende manter a alegría e o enxeño que caracteriza estas datas.

A programación arrincará ás 17:00 horas cun obradoiro de maquillaxe a través das canles oficias de Xuventude de Lugo. Unha actividade que tamén se repetirá mañá, sábado, a partir das 10:00 horas, a través dos mesmos medios telemáticos. A finalidade é dotar de ferramentas á mocidade para que poidan realizar por si mesmos as súas caracterizacións para este atípico entroido.

Xa entrada a noitiña, e de vernes a domingo, o rapeiro lugués Diego Cabado Vázquez, coñecido como DCV, impartirá en directo, entre as 22:00 e as 00:00 horas, unha masterclass de rap.

E para rematar, tanto o luns, 15 como o martes, 16 de febreiro, a partir das 19:00 horas, haberá oportunidade para poñerse diante dos fogóns cun taller de cociña, de novo, en formato dixital. Unha proposta de ocio, pero tamén moi didáctica, que está a ter unha gran acollida en todas as súas vertentes. Con ela, a área de Xuventude quere seguir ofrecendo oportunidade de pór en práctica as habilidades culinarias das e dos máis novos ao tempo que, ao ser online e en aberto, permite ampliar o seu público ao resto da cidadanía.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com