Mañá, mércores 19 de agosto, a área de Xuventude inicia o ciclo de masterclass online de nutrición. Trátase de distintas charlas, de xeito telémático, coas que o Concello busca ofrecer aos rapaces e rapazas educación nutricional e crear unha contorna saudable, dado que cada vez máis, as persoas mozas estanse desligando da dieta mediterránea e a inxesta de alimentos locais ou de tempada estase vendo diminuida en detracción a produtos ultraprocesados e a comida precociñada.
As masterclass, que estarán impartidas pola dietista-nutricionista Ángeles Novo, terán lugar todos os mércores ata o 7 de outubro, ás 12:30 horas en agosto e en setembro e outubro ás 20:00 horas, a través do Facebook de Xuventude de Lugo. Arrincan coa temática de etiquetado nutricional, pero ao longo das vindeiras sesións tamén se tratarán trucos para non caer en antollos, mitos nutricionais, como mellorar o sistema inmue coa alimentación, almorzos, ceas e picoteos saudables e receitas doces.
Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales coma reconocerte cando volves á nosa web ou axudar ó noso equipo a comprender qué seccións da web atopas máis interesantes e útiles.