Este pasado martes 8 de xuño en horario de tarde a facultade de Veterinaria de Lugo acollía a presentación dunha nova campaña que o Concello de Lugo, a través da área de Xuventude, esta levando a cabo e que inclúe actividades de Prevención de Drogas dirixidas e orientadas á mocidade, dentro da programación do +Xti, subvencionada polo Plan Nacional sobre Drogas. Á mesma asistiron o concelleiro de Xuventude, Mauricio Repetto; Montserrat Valcarcel, vicerrectora de coordinación e o adxunto ao vicerrectorado de coordinación do campus de Lugo para estudantes, internacionalización e servicios Jesús Varela.
O programa de sensibilización e información con relación ao consumo de substancias contará con 8 sesións informativas fraccionadas en xornadas de mañá e tarde, que contarán coa presenza dunha educadora social.
Para a realización desta actividade contarase cun punto de información sobre alcohol , outras drogas e adiccións en xeneral que ofrece a área de Prevención de Drogodependencias do Concello de Lugo, así como dos perigos do consumo de alcol e outras drogas onde tamén se entregarán obsequio a través dinámica para agasallar aos partcipantes nas xornadas de infromación e sensibilización nestas sesións Todas as actividades que dende a concellería se levarán a cabo realizaranse seguindo a normativa sanitaria vixente.
Con esta iniciativa, dende a área de Xuventude pretendese concienciar aos máis novos dos perigos das drogas e outro tipo de sustancias.