Xuventude lanza un vídeo onde persoeiros de Lugo animan á mocidade a que actúen con responsabilidade no Nadal

A área de Xuventude do Concello de Lugo, dirixida pola concelleira Ana González Abelleira, lanza un vídeo para difundir en redes un chamamento á mocidade a través da historia dunha rapaza que ten que tomar unha importante decisión…

Un vídeo positivo e emocional, protagonizado pola actriz lucense Beatriz Serén, recoñecida polos seus traballos en televisión no Luae Adiviña quen vén esta noite, ou nas series El desorden que dejas (Netflix), Pazo de Familia ou Matalobos (TVG).

Conta coa participación de máis de 50 persoas da cidade; e están representados case unha vintena de colectivos, grupos, asociacións e clubes de Lugo como Breogán e o Lugo, así como grupos musicais, representates da sanidade e da Fundación Secretario Gitano, ademais de persoas novas, maiores, familias.  Conta coa colaboración especial do director de cine, Andrés Goteira, gañador de varios Premios Mestre Mateo.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez e a Concelleira de Xuventude, Ana Abelleira, sumáronse tamén a esta mensaxe colectiva para animar á mocidade a que actúen con responsabilidade este Nadal.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com