A área de Xuventude, organiza os vindeiros días 28, 29 e 30 de decembro un escape room navideño para grupos de 4 a 6 persoas, en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas. A iniciativa, totalmente de balde, terá lugar na Casa da Xuventude baixo o título ‘Misterio no Nadal’ e servirá para despedir a programación de actividades.
Misterio de Nadal é un escape room composto por 27 probas das cales 10 serán tecnolóxicas, usando arduinos, programación e sensores, e os restantes serán desafíos manuais, combinacións numéricas, xeroglíficos, códigos, etc. Estará ambientado en varias estancias da Casa da Xuventude, todas elas relacionadas co Nadal, con 144 prazas dispoñibles.
A terceira edición da cita musical terá lugar na Praza da Soidade o próximo día 21, a partir das 21:00 horas, con Soge Culebra, Galiciam Army e Cool Nenas como protagonistas. Ademais, ás 00:00 horas haberá uvas da sorte para todas as persoas asistentes. O Nadal Fest aspira a consolidarse como evento ineludible para a mocidade lucense coa mellor selección de música urbana do panorama galego e nacional.
A ruta de sendeirismo “Belén de cumio” na que se ascenderá ao pico dos Tres Bispos nos Ancares lucenses terá lugar o día 16 e os obradoiros de cociña serán os días 14 e 21, a partir das 19:00 horas, na Casa da Xuventude. O primeiro estará dedicado a entrantes, mentres que no segundo confeccionaranse postres e lambetadas.
As inscricións, totalmente de balde, para as diferentes activades pode realizarse a través da web www.formulario.xuventudelugo.gal.