Xuventude reforzará e impartirá on line as asesorías xurídicas e psicolóxicas para a mocidade lucense

A edil de Igualdade, Muller e Xuventude do Concello de Lugo Ana González Abelleira, ven de explicar que “o confinamento e peche das instalacións municipais non nos permite continuar coas asesorías xuvenís como se estaban a celebrar de forma presencial, motivo polo cal decidimos ofrecerlle á mocidade a posibilidade de retomar este servizo, de maneira virtual”.

 Trátase da iniciativa que a entidade local puxo en marcha para atender, de balde, as posibles dúbidas que lles poidan xurdir aos mozos e mozas lucenses á hora da súa incorporación ao mundo adulto. “Cremos que é fundamental atender as numerosas inquedanzas que está a provocar a situación actual e, por iso, ofrecemos este espazo para que a mocidade poida recibir asesoramento individualizado, dende as súas casas, sobre aquelas cuestións que lles preocupan ou sobre circunstancias que non saben como afrontar”, engadiu a concelleira.

 Os encontros en liña terán lugar a través da plataforma gratuíta Google Meet mantendo os horarios das asesorías, en sesións individuais de máximo 30 minutos de duración. Para participar será necesario solicitar cita previa enviando un email ao enderezo: asesoriavirtual.concellodelugo@gmail.com.

 Neste correo os interesados deberán achegar os seus datos persoais (nome, apelidos, DNI, data de nacemento e teléfono de contacto) así como un consentimento expreso para compartir imaxe en vivo co Concello. A continuación recibirán unha confirmación, co día e a hora da asesoría. Así mesmo, 15 minutos antes de que teña lugar o encontro online, os participantes recibirán no seu email un código para introducir na plataforma Google Meet co que acceder á reunión.

 ervizos ofertados

Asesoría xurídica, horario de 19:30 a 21:00 horas, os luns e mércores: Temas administrativos (axudas publicas…); Civil (hipotecas…); Penais (violencia de xénero…); Laborais (ERTE), etc.

 Asesoría psicolóxica, horario de 18:00 a 20:00 horas, os martes e xoves. As asesorías psicolóxicas son un servizo de escoita, información, apoio e orientación, dirixido exclusivamente á mocidade de Lugo, no que se garante a confidencialidade e a intimidade das persoas usuarias.

Novas relacionadas

  1. Marola Canto Arena
    Abr 18, 2020 - 09:42 AM

    ….

    Reply
  2. Adolfo García Iglesias
    Abr 17, 2020 - 04:40 PM

    Demasie pal coco

    Reply
  3. José Jaime González del Río
    Abr 17, 2020 - 04:28 PM

    Excelente persoa, e creo que sinceiramente comprometida coa sua área.

    Reply
  4. Belen Ana
    Abr 17, 2020 - 03:25 PM

    Forza e ánimo

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com