Un ano máis vaise celebrar en Becerreá a decima quinta edición do Festival do Ancares , este festival conxuga música con outras artes como a poesía ou a comedia.
O Festival terá como condutora a Sara Fernández e colofón do mesmo será a presentación do novo traballo musical do cantautor galego afincado en Cataluña, Alfredo González Vilela que ten como título xenérico “40 Cantigas a Rosalía”.
O acto celebrarase o vindeiro sábado tres de agosto na casa da cultura de Becerreá a partires das 18:30 horas e a entrada será libre ata completar aforo.