XVII Feira do Entroido de Nadela

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, asistiu este domingo á XVII Feira do Entroido de Nadela que acolleu durante a xornada de mañá a carballeira desta parroquia lucense. O Concello colabora coa Asociación Carballeira de Nadela nesta cita, posto que se enmarca na súa aposta por potenciar a comercialización dos produtos con denominación de orixe Lugo.

 Durante a visita, a rexedora reiterou o apoio do Concello á Feira do Entroido de Nadela, que é unha das apostas desta entidade local para potenciar a comercialización dos produtos con denominación de orixe de Lugo e revitarlizar así o medio rural.

 Na XVII Feira do Entroido déronse cita ao redor dun cento de expositores, que puxeron á venda produtos característicos destas datas, así como doces típicos do Entroido e artesanía.

 Pedro Revaldería, xornalista lucense afincado en Madrid, que conta cunha longa traxectoria profesional e nos últimos anos interveu no deseño de diferentes proxectos de televisión, foi o encargado de ler o pregón, no que lembrou a súa nenez en Nadela. A charanga DGT e o Dúo Muralla amenizaron esta xornada, á que ademais da rexedora asistiron outros membros da Corporación Municipal.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com