O Presidente da Deputación, Daría Campos Conde asistiu este domingo a XX Feira do Butelo da Fonsagrada, acompañado do Alcalde, Argelio Fernández Queipo, na que visitaron os expositores que participan nesta nova edición, e na que se poden mercar todos os produtos típicos da Comarca. A Deputación é a única administración pública que contribúe a promover este evento cunha achega de 3.000 euros.
O Presidente, remarcou que esta promoción “enmárcase dentro da nosa aposta por potenciar a comercialización e fomentar o consumo dos produtos autóctonos de calidade, e a Feira do Butelo da Fonsagrada xa se converteu nun referente gastronómico e cultural imprescindible na Montaña lucense”.
Argelio Fernández agradeceu a colaboración do organismo provincial na promoción deste evento “xa que non contamos con ningunha axuda doutras administracións, só a da Deputación, por iso agradezo dun xeito especial o apoio e a presenza do Presidente, Dario Campos hoxe aquí”. O rexedor avanzou que esta nova edición “converteuse nun novo éxito de público e de vendas, no que participan 64 expositores, e onde se puido comprar un butelo dende os 9 ata aos 12 euros”, resumiu.