XXVII Encontro de Aulas da Terceira Idade de Galicia

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, participou este mércores no XXVII Encontro de Aulas da Terceira Idade de Galicia, que tivo lugar no Círculo das Artes, na capital luguesa. Campos estivo acompañado pola Alcaldesa, Lara Méndez; ademais do Presidente de ATEGAL , Rafael Romero e a coordinadora en Lugo Conchita Pintos, así como centos de membros deste colectivo.

Facendo alusión ao slogan deste encontro, que di “cumprir anos é inevitable, saber envellecer depende de min”; Campos Conde engadiu e reivindicou que “envellecer con calidade depende de todas as administracións”. O Presidente sinalou que “cada un de nós estamos onde estamos, temos o que temos, grazas ao esforzo dos nosos maiores. Sexamos nós agora os que nos esforcemos para poder envellecer con calidade. Debémosvolo”.

Campos declarou que “a sociedade nunca será xusta e equilibrada se non favorecemos a felicidade dos nosos maiores, que na provincia de Lugo representan o 30% da poboación, ofrecéndolles os servizos que necesitan preto das súas casas”, e destacou o traballo que desempeña a Deputación baixo esta premisa, como “a construción de residencias e centros de día públicos nos Concellos; as accións formativas sobre novas tecnoloxías que o InLugo achega a maiores de todos os municipios, ou as axudas económicas directas para prestacións socias ou para promover a actividade de colectivos como ATEGAL”.

Pola súa banda, a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez destacou e agradeceu o compromiso e o labor desenvolvido polas Aulas da Terceira Idade de Galicia (ATEGAL) en favor do envellecemento activo durante a apertura da 28ª edición do encontro desta entidade en Galicia, que se celebra este mércores na cidade, no Círculo das Artes, con motivo da conmemoración do 25 aniversario de ATEGAL en Lugo.

A rexedora subliñou as “numerosas iniciativas e actividades” impulsadas polo Concello de maneira transversal dende distintas concellerías, como as de Benestar Social e Cultura, “para que os maiores sexan un activo fundamental”, un compromiso que se reflicte nos Orzamentos municipais, “nos que dedicamos o 21% á políticas e benestar social”. “Presumimos e con moito orgullo de ser o Concello de Galicia que máis inviste en políticas sociais porque o consideramos fundamental”, indicou.

 

 

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com