O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, asistiu este venres a XXXI Edición da Feira do Queixo do Cebreiro, declarada de Interese Turístico Galego e coa que colabora o organismo provincial.
Vidal Baamonde remarcou a importancia de promocionar este tipo de eventos na Montaña Luguesa, xa que contribúen a dinamizar toda a Comarca. O Deputado avanzou que os produtos da Montaña son un referente da nosa gastronomía. “Este queixo está elaborado con materia prima de primeira calidade, con leite de vacún que conta coa Denominación de Orixe Protexida, sen conservantes, nin engadidos. Por iso, o éxito desta cita está garantida”.

Nesta edición, a pregoeira foi Inés López Fernández, médico de urxencias do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo e colaboradora docente da USC.