XXXII Feira do mel e mercado de outono no Valadouro

O vindeiro día 12 vaise celebrar a XXXII edición da Feira do Mel do Valadouro, feira que alá polo ano 1986 empezaran un grupo de apicultores naturais do concello.

O concello é agora quen se encárga de organizar este evento de gran relevancia a nivel provincial e mesmo fora de Galicia.

Nesta edición prográmase unha conferencia para os máis novos: “o doce mundo do mel”, para nenos e nenas de Primaria.

Os diferentes postos que acudirán á feira instalaranse na rúa Andrés López, que ademais dos do mel, poderanse visitar outros de artesanía.

A actividade comezará coa apertura da feira ás 10:00h. pola rúa e, unha hora máis tarde, comezará unha serie de showcookings (demostracións de receitas de cociña) ata as 13:00h.

Desde as 11:00h. contaremos cunha locomotora asadora de castañas e que as vai a repartir, entre todos os asistentes e que serán de balde

Ás 12:00h. fará un pasacalle polo mercado a asociación cultural Amado Lar para dar paso a apertura da ruta de tapeo polos locais hostaleiros do Valadouro. Nesta ocasión, os locais ofertarán durante todo o día dúas tapas gratuítas de tempada nas que nos podemos atopar como base o mel, a mazá, a castaña, a noz, os cogomelos, …etc

Pola tarde haberá xogos para nenos, música e tamén a tradicional degustación de freixós con mel.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com