XXXVII Feira do Viño de Amandi

Nunha xornada festiva e con altas temperaturas, desenvolveuse unha nova edición da Feira do Viño de Amandi. Dende primeiras horas da mañá centos de visitantes foron chegando a Sober para participar nesta feira que xa vai pola XXXVII edición. Á mesma asistiron autoridades e convidados entre os que se atopaban: a Conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, a directora da Axencia Turismo de Galicia, Nava Castro, o Delegado Territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, o Deputado de Turismo e Cultura Eduardo Vidal Baamonde e o alcalde de Monforte, entre outras moitas persoas  que se achegaron ata a Ribeira Sacra para degustar os inigualables caldos de Amandi.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com