XXXVIII Semana de Cine de Lugo celebrarase entre do 19 ao 24 de setembro  

Fonmiñá está ultimando a organización da edición XXXVIII da Semana de Cine de Lugo, que se vai celebrar na terceira semana de setembro.

O cartel anunciador do certame, é obra da artista multidisciplinar lucense Luz Darriba, e constitúe unha homenaxe ao gran actor Buster Keaton no ano no que se cumpre o medio século do seu pasamento.

Para esta XXXVIII edición, Fonmiñá recibiu preto de 1.000 películas –curtas e longas- de 52 países de todo o mundo, das que foron seleccionados máis dun cento de filmes 

Dentro da programación desta celebración cinematográfica figura un ciclo sobre a discapacidade, como homenaxe á Asociación de país e titores de persoas con discapacidade intelectual de Lugo, Aspnais, con motivo do seu primeiro cincuentenario… e unha homenaxe de lembranza ao Gran Teatro, á muller como protagonista, e a Dani de la Torre, Luis Tosar e Jorge Coira pola película “El desconocido”.

Dentro do cine galego, poderanse ver as películas premiadas en Cannes: “Lurna”, “Viaje a pies”, “A liña politica”, “Rancor”… e incluiranse películas realizadas por lucenses, premiadas en diversos festivais como “Restart” e “Cartas a Superman”.

Haberá ademais un ciclo de cine asturiano, e Luz Darriba, autora do cartel anunciador, presentará a súa película “Marcas na pel do papel”.

No novo ciclo “Como la vida misma” presentarase a película premiada na Seminci de Valladolid “Frankestein 04155”, sobre o accidente do Alvia en Santiago. E incluiranse tamén máis de trinta curtametraxes, premiadas nos Festivais máis importantes de todo o mundo, algunha delas con case un cento de Premios.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com