Zahara repite na Sala Tebras para presentar o seu último traballo ‘Puta’

A artista ubetense Zahara volve a Lugo o vindeiro mes para presentar o seu último traballo. Baixo o nome de Puta o disco recolle once pistas que narran a metamorfose da propia cantante. O concerto, que chega da man de Vibra Mahou, será o vindeiro 11 de febreiro na Sala Tebras, un escenario xa coñecido pola artista que foi unha das primeiras en tocar en este centro musical que forma parte da Factoría Cultural Caldiae, e que comparte espazo cos Codex Cinema.

As entradas xa están á venda na web de Wegow e pódense mercar dende 19 euros. Ademáis, dende a propia Sala avanzan que, malia que a hora aproximada de comezo do concerto será ás 22.00 horas, a apertura de portas faráse ás 21.00 horas.

Puta é unha historia completa chea de dureza e vísceras que chega ao máis profundo de quen o escoita. Unha historia propia pero que podería ser a de calquera muller. Puta expón esa mochila que toda muller leva ás costas. Dor e culpa que se unen polos actos doutros. Os secretos da cantante que a levaron a ser trending topic este verán.

Un traballo que, sen dúbida, é digno de directo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com