O Concello comunica cortes en diferentes lugares da cidade por mor da crecida do Miño

O concello de Lugo está a informar que ademáis do peche dos parques Milagrosa e Rosalía, tamén están pechados o acceso ao Balneario dende a ponte e a Calzada da Ponte, asemade quedan cortados o Paseo Álvaro Cunqueiro e o paseo peonil do río Miño por posibles asolagamentos.

Nestes momentos o rio continúa a medrar e é posible que se desborde en máis lugares.

Tamén a subdelegación do goberno informa que a partires desta media noite, pode haber na montaña luguesa acumulacións de neve de ata 25 centimetros baixando a cota a 500 metros. Polo que se pide precaución se teñen que viaxar en coche.

No caso de quedar atrapados pola neve deben permanecer no automóbil co motor en marcha e coa calefacción prendida, renovando o aire do interior do vehículo cada certo tempo ademais de non quedarse durmido.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com